Wednesday 15 de May de 2024

Mostra sobre María Victoria Moreno Márquez na biblioteca municipal de Ordes


Co gallo do Día das Letras Galegas, que terá lugar o vindeiro xoves, a biblioteca municipal de Ordes acaba de abrir ao público unha mostra bibliográfica sobre María Victoria Moreno Márquez. Para coñecer máis sobre a autora a quen este ano se lle dedica a celebración tamén se colocou unha colección de carteis nos que se pode facer un percorrido pola súa vida e obra. Ademais, o venres, 18 de maio, os nenos e nenas que visiten a biblioteca recibirán como agasallo un conto (ata esgotar existencias).